viernes, 27 de septiembre de 2019

CURSO DE FACTURACIÓN ELECTRÓNICA

Durante a segunda quincena de setembro, en colaboración coa Asociación de empresarios de Santa Comba, estivemos impartindo un curso de facturación electrónica e trámites na administración para os empresarios do noso concello. É moi importante o papel da Aula CeMIT no ámbito dos trámites electrónicos para autónomos e empresas do municipio. Esperamos volver a colaborar nese e noutros temas de interese para os emprendedores que son peza clave na economía de Santa Comba.