CREA A TÚA WEB. INTRODUCCIÓN A WORDPRESS



Contidos do curso

 

Instalación de WordPress.

Administración da web.

Configuración básica. Instalación e xestión de Temas.

Engadir entradas ao Blogue.

Engadir páxinas á web. Xestión de Menús.

Xestión de Widgets.

Xestión de Plugins.

Xestionar comentarios.

Xestión de Usuarios.

Para quen é este curso de Introdución a Wordpress?

 

Para todos os usuarios que busquen unha ferramenta que lle axude a crear un sitio web de forma sinxela. WordPress é flexible, dispón de miles de temas gratuítos (e comerciais) e moitos plugins que permitirán que o sitio poida ir medrando.

 

Non é necesario ter coñecementos previos de WordPress ou creación de sitios web, pero si unha base de informática a nivel usuario para saber desenvolverse no computador e poder avanzar con axilidade e seguridade.

 

Os termos e conceptos utilizados neste curso son básicos e entendibles por usuarios sen experiencia previa. Inclúese un pequeno glosario de termos empregados para facilitar a súa comprensión. Este é un curso básico de WordPress e estará centrado en dar a coñecer a base, as diferentes pantallas do administrador e como funcionan os elementos esenciais que fan posible construír contidos con facilidade.

 

  

Cómo funciona este Curso?

 

O deseño do curso é moi sinxelo, e require previamente solicites a matrícula no seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/actividade/34794

O curso contará con 6 prazas presenciais e 6 por vídeo conferencia. Para estas últimas ademais de solicitar a matrícula debes enviar un mail a educaoroso@oroso.gal indicando o curso e modalidade elixida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario