miércoles, 22 de julio de 2020

PROGRAMA TECH KIDS 2020
Campamento tecnolóxico Constrúe na Casa


Talleres formativos online de Robótica, Creación de Apps,  Videoxogos, Animación 2D e 3D e moito máis!
                            

Do xoves 30 de xullo ao mércores 9 de setembro de 2020.

Obxectivo: espertar e fomentar a curiosidade e creatividade entre alumnos de primaria e secundaria e o seu interese pola tecnoloxía.

O programa deste ano está marcado pola presenza da Covid-19 polo que todas as actividades se desenvolverán de xeito online desde os fogares dos rapaces, tendo preferencia de inscrición todos os usuarios das aulas da Rede CeMIT e empregarase o criterio de orde de chegada das solicitudes para asignar as prazas. Todas as actividades van destinadas a nenos e nenas a partir de 6 anos sen necesidade de coñecementos previos nas materias a tratar:
  1. Gamer Tech_ “Soña, deseña e crea videoxogos incribles”Primeiro ciclo de primaria: Os xoves, de 10:30 a 13:30 horas. Segundo ciclo de primaria: Os martes, de 10:30 a 13:30 horas.
  2. Robo Tech_ “Se che gustan os retos, os desafíos e a robótica este é o teu campamento”. Primeiro ciclo de primaria: Os luns, de 10:30 a 13:30 horas. Segundo ciclo de primaria: Os martes, de 10:30 a 13:30 horas. Secundaria: Os mércores, de 10:30 a 13:30  horas.
  3. App Tech_ “Sorprende a tod@s creando a túa propia App”. Secundaria: Os mércores, de 10:30 a 13:30  horas. Segundo ciclo de primaria: Os venres, de 10:30 a 13:30 horas.
  4. Compu Tech_ “Aprende todo o necesario para os teus traballos de clase”. Primeiro ciclo de primaria: Os xoves, de 10:30 a 13:30 horas. Segundo ciclo de primaria: Os venres, de 10:30 a 13:30 horas.
  5. Minecraft Tech_”Se o que che gusta é o Minecraft esta é a túa oportunidade”. Primeiro ciclo de primaria: Os luns, de 10:30 a 13:30 horas. 
As persoas interesadas poderán inscribirse aquí. O prazo de inscrición remata o vindeiro luns día 27 de xullo ás 12:00 horas e os grupos realizaranse cun máximo de 20 alumn@s. Os usuarios interesados en participar, poderán inscribirse a varias actividades en función do seu curso escolar e sempre e cando non coincidan no mesmo día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario